Non, naturalmente que o feminismo non pretende a igualdade, quere mais.
O feminismo quere rematar coas mortes:
Quen se consiere feminista non quere igualdade de mortos homes.
O feminismo quere rematar coa violencia:
Quenes se consideran feministas non queren usar a violencia verbal, sicolóxica nin física con ninguén.
Mas tamén feminismo é que o home asuma a súa parte nas tarefas do fogar, que o home asuma súas responsabilidades no periodo post-nascemento...
E as mulleres non queren que impunemente as toquen (por alguén que ademais considerase co dereito de elo), nin queren escoitar perante o día enteiro todo o que un home lle faría.
As mulleres non queremos ser despedidas por mor da gravidez, as mulleres queremos o 50% dos postos directivos, as mulleres queremos ser a metade tamén na governanza como somos a metade na povoación.
O que non creo é que feminismo seja ensartar calquera objeto por os orificios. Isso ten que ver co sexo, non coa ideoloxía.