You are viewing a single comment's thread from:

RE: Vaites !! Atopei coa INQUISICIÓN #PT !!Ou .. eu nunca acreditei no tag #pt ;-)

in #pt7 years ago


Francamente bufei cando mirei o comentario... e lanzeime.... Non, non... abalanceime sobre o teclado mentras un monte de cousas me viñan a cabeza...Penso que é boa vontade a de @robertoueti, a boa vontade do "neoconverso" que algún día todos tivemos.

¿Qué fixen eu para que alguén me faga isto? ¿Non aporto na miña medida a comunidade lusófona? ¿Non estou acaso mellorando meu português en detrimento do colonizado galego? ¿Non estou nos grupos od telegram? ¿Non teño acaso un voto fixo para os principais actores da comunidade ?
... e bueno... de ahí a dar coa figura da inquisición, de quen vai buscando quen non vai polo rego correto foi un nada.


Porque, o fin, baixo esta cuestión, o que subxace e que as xentes rematan aceptando en parte unha lingoa que foi imposta por un imperio mais as verbas que teñen sentemento non se poden traduzir e permanecen na fala.
Fica alí no fondo, tamén, e según meu entender, a cuestión de que todos os humanos e humanas temos as mesmas teimas e problemas, e que de poder, debemos acudir a aquel idioma que mais ten en común para pode achegarse ás outras pessoas.
Saúde e obrigado por ter comentado.Continuarei a colaborar na medida do posible para que o #pt seja a lingoa de todos os portugueses que se falan no mundo, os mais doces e puros e tamén os mais asilvestrados e crioulos.